As bólas máxicas

As bólas máxicas

3015 Views
A historia de Dragon Ball conta a vida e aventuras de Son Goku, un cativo con rabo de mono baseado na lenda chinesa Viaxe ao oeste (西遊記), dende a súa infancia até que chega a ser avó. Durante a súa vida, Son Goku loitará en moitas batallas até se converter no loitador de artes marciais máis forte do Universo. Ademais non está só, xa que ten a axuda dun gran número de aliados que combaterán cos viláns, proporcionando o conflito que conduce a historia. As Dragon Balls (Bólas do Dragón ou Bólas Máxicas) do título son un dos compoñentes da serie, mais non son cruciais. Son sete esferas máxicas que están espalladas polo planeta. Cando se reúnen todas, pódense usar para invocar o dragón Shenron, que concede un desexo. Despois de se cumprir o desexo, as bólas vólvense espallar polo planeta e fican inertes durante un ano. No pasado, facían falta xeracións para atopar as 7 bólas. Porén, ao principio da historia, unha rapaza de 16 anos chamada Bulma, que se atopará con Son Goku, crea un rádar para detectar as bólas e así facer o proceso moito máis doado. No decorrer da serie, as bólas deixan de ser o tema principal para ser só un elemento secundario.

Genre: , ,

Stars: , , , , ,

Crew: Hiroki Takahashi, Gen Fukunaga, Shunsuke Kikuchi, Kenji Shimizu, 鳥山明

Country: JP

Studio: Fuji TV

Runtime: 25:14 minutes

Quality: HD

First air date: Feb 26, 1986

Last air date: Apr 19, 1989

Episode: 153 Episode

Season: 1 Season

IMDb: 2.751